QUE É BBTTA

BBTTA é un grupo de apoio á Lactación Materna fundado en Narón (Xuño de 2005) coa intención de proporcionar información e apoio a aquelas nais que queiran aleitar ós seus fillos. As súas impulsoras e creadoras son dúas profesionais do ámbito sanitario, Isaura González e Guadalupe Martínez.

Axudamos a resolver calquera dúbida ou problema, ademais de fomentar a Lactación Materna e informar da súa importancia e beneficios na alimentación dos nosos fillos.




As actividades de BBTTA guíanse polas directrices marcadas pola OMS/UNICEF e traballa para alcanzar os obxetivos da Declaración de Innocenti de 1990 e revisada en 2005.

Os nosos fins son:
  • Proporcionar información e apoio ás mulleres que desexen gozar dunha lactación materna exitosa.
  • Divulgar a importancia da lactación materna a nais, pais, profesionais da saúde e do ensino, persoas interesadas no tema, medios de comunicación, mediante reunións, conferencias, cursos, talleres, publicacións,etc.
  • Defender o Dereito de todas as mulleres a aleitar aos seus fillos durante tanto tempo como desexen e a recibir todo o apoio social e profesional necesario para conseguilo.
  • Informar acerca dos dereitos laborais das mulleres no relativo a permisos maternais, redución de xornada, etc.
  • Asesorar acerca da conciliación da vida familiar e laboral das mulleres e os homes, así como a coparticipación na crianza dos fillos, sen que para iso as mulleres deban renunciar ao seu Dereito a aleitar se desexan exercelo.
  • Colaborar en todos os ámbitos (familias, profesionais sanitarios, centros de ensino, centros de educación maternal e outros estamentos interesados) ofrecendo información e axuda sobre teoría e práctica da lactación materna.
  • Proteger, promover e apoiar a lactación materna, mediante distintas iniciativas de sensibilización e normalización, en todos os ámbitos da sociedade colaborando, si fose necesario, con outras organizacións nacionais e internacionais que compartan fins análogos.
  • Que toda muller poida aleitar ao seu fillo/a sen perder a súa integración social e laboral.
  • Que a muller sexa informada sobre grupos de apoio durante a época de embarazo e lactación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario