domingo, 27 de noviembre de 2016

ASAMBLEA SOCIAS 2016

Vaise celebrar ASAMBLEA DE SOCIAS DE BBTTA (mércores 23 novembro de 2016)
Gustaríanos contar con todas as SOCIAS para informarvos sobre o estado actual da asociación e para que entre todas pensemos que actividades nos gustaría celebrar o vindeiro ano.

Ademais sería un pracer que todas aquelas socias que quixeran se animasen a FORMAR PARTE DA ORGANIZACIÓN DE BBTTA, para aportar novas ideas e asegurar a continuidade do grupo.
- Día: MÉRCORES 30 DE NOVEMBRO
- Hora: 5 DA TARDE
- Lugar: COLEXIO DOMIRÓN
Agardámosvos!!


martes, 22 de noviembre de 2016

FESTIVO 23 NOVEMBRO

AVISO IMPORTANTE:
Este MÉRCORES, 23 DE NOVEMBRO de 2016, non haberá reunión de BBTTA por ser festivo en Narón.

Agardámosvos para o seguinte mércores, no que ademais se celebrará a ASAMBLEA ANUAL DE SOCIAS.

miércoles, 5 de octubre de 2016

Semana Mundial da Lactancia 2016


Celebramos a Semana Mundial do Aleitamento Materno!
Hai actividades esta fin de semana:

- VENRES 7 outubro 2016: Reunión e Contacontos en C.C. Odeón (de 5 a 7 da tarde)

- SÁBADO 8 outubro 2016: Festa da Teta na Praza de Galicia de Narón (a partir das 5 da tarde)

Agardámosvos!!

domingo, 25 de septiembre de 2016

Charla EDUCACIÓN BUCODENTAL setembro 2016


CAMBIO REUNIÓN SEMANAL:
Trasladamos a reunión deste mércores en Domirón, para este XOVES, 29 DE SETEMBRO de 2016.
Escoitaremos as dúbidas e consultas que teñades durante a CHARLA DE EDUCACIÓN BUCODENTAL INFANTIL na AAVV DO ALTO DO CASTAÑO (Rúa Manoel Antonio, 7, Narón) de 5 a 7 da tarde.
Agardámosvos!



lunes, 12 de septiembre de 2016

COMEZAN REUNIÓNS SEMANAIS (setembro 2016)

Volven as REUNIÓNS DE BBTTA!
Comezamos! Todos os MÉRCORES DE 5 A 7 da tarde no COLEXIO DOMIRÓN de Narón.
Agardámosvos este mércores 14 de setembro de 2016 ás 5 da tarde, para escoitarvos nas vosas dúbidas sobre lactancia materna.
Lembrade que nais, pais, avós e os demais fillos, se os hai, son ben recibidos.


jueves, 7 de julio de 2016

REUNIÓN VERÁN XULLO 2016

O vindeiro mércores 20 de xullo de 2016 ás 5 da tarde, reunirémonos ó aire libre no parque de Freixeiro. Animámosvos a compartir con nós este momento. Ademais de disfrutar dunha entretida tarde en compañía doutras nais, estamos ahí para escoitarvos nas vosas dúbidas sobre lactancia. 
Sabedes que, coma sempre, estades convidadas nais, pais, fillos, avós, ...
Mércores 20 DE XULLO
Ás 5 DA TARDE
No PARQUE DE FREIXEIRO (NARÓN). Aquí podedes ver a situación do parque: 



domingo, 12 de junio de 2016

CHARLA ALIMENTACIÓN COMPLEMENTARIA 2016


CANDO O BEBÉ XA COME ALGO MÁIS QUE TETA:
O vindeiro MÉRCORES 15 de XUÑO DE 2016 teremos en BBTTA una charla sobre a Alimentación Complementaria.
Ademáis falaremos sobre a Alimentación Complementaria de Solidos,  ou tamén chamado Baby Led Weaning (B.L.W.). A forma de introducir alimentos sin triturar, deixando que os bebés se autoregulen e coman por sí sos. 
Ás 5 DA TARDE no Colexio Domirón de Narón
Portas abertas a todalas familias que desexen asistir.
Agardámosvos!

domingo, 5 de junio de 2016

OBRADOIRO MASAXES xuño 2016


Este mércores, 8 de Xuño de 2016, teremos en BBTTA un OBRADOIRO DE MASAXE INFANTIL, impartida por Verónica Túñez, profesora de ioga, ayurveda para muller e crianza e monitora de reflexoloxía podal infantil.
Ás 5 da tarde, no colexio Domirón.
Só precisades traer unha manta ou similar onde deitar ós bebés.
Por suposto, as portas estarán abertas a tódalas familias que se acheguen para dar masaxes ós seus bebés ou na procura de asesoramento na lactancia.
Agardámosvos.

jueves, 19 de mayo de 2016

ENCONTRO MUNICIPAL 2016




ENCONTRO INTERXERACIONAL 2016

Neste evento, organizado polo concello de Narón, BBTTA asistirá co seu stand informativo. E haberá moita participación das asociacións de Narón:

ACTIVIDADES: inchables, xogos, exposicións, demostración de actividades, artesanía, baile, zumba

DATA: domingo 12 de cuño de 2016

LUGAR: paseo marítimo de Xubia

INSCRICIÓNS: ata 31 de maio (mandar a bbttanaron@yahoo.es o nome dos participantes)

martes, 22 de marzo de 2016

festas semana santa 2016

Este mércores, 23 de marzo de 2016, non haberá reunión de BBTTA, por estar de festas de semana santa.

A vindeira reunión volverá a ter lugar o mércores 30 de marzo de 2016.

Lembrade que temos teléfono de consulta para dúbidas sobre lactancia, 680 113 845.


martes, 9 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016


Mañá, mércores 10 de febreiro de 2016, non haberá reunión semanal, xa que é festivo en Narón, estamos en festas polo Entroido. 
vindeira reunión será o día 17 de febreiro, onde estaremos coma sempre no colexio Domirón para pasar unha tarde con vós e que nos consultedes dúbidas sobre a lactancia, se fose preciso.

Agardámosvos!

Lembrade que se precisades facer algunha consulta podedes chamar ó noso teléfono 680 113 845.

martes, 12 de enero de 2016

Comezan reunións 2016

Este MÉRCORES, 13 de xaneiro de 2016, reanúdanse as REUNIÓNS DE BBTTA.
No Colexio Domirón de Narón de 5 a 7 da tarde.
Agardámosvos este, e todos os mércores, para escoitarvos e tratar de axudarvos cas vosas dúbidas de lactancia. Nas reunións, ademais, poderedes aroparvos con outras nais que compartan vivencias similares ás vosas.
Lembrade que todos os nenos e parellas son ben recibidos e acollidos nas reunións.