domingo, 25 de octubre de 2015

XORNADAS ROSA JOVÉ 14 novembro 2015


XORNADAS ROSA JOVÉ. Sábado 14 de novembro de 2015 en Narón.
BBTTA organiza estas xornadas compostas de 2 partes:

- Charla (11:30) "Xestión das rabietas". Gratis. Aberto ata completar aforo (150 persoas). Non hai que inscribirse nesta charla matinal

- Taller (16:30) "Resolución de conflictos ó longo de toda a infancia". Prazas limitadas (inscrición no mail bbttanaron@yahoo.es, dende 30 outubro). 
*** Información inscrición taller: De balde socias BBTTA, 5€ non socias. Datos a enviar (aceptados por orde de entrada a partir do 30 outubro) NOME COMPLETO ASISTENTES (considérase cada praza á unidade familiar -2 adultos máximo- e todos os nenos benvidos). Para a inscrición, cada unidade familiar debe mandar un mail (non se aceptarán mails ca inscrición de máis dunha familia).

Rogamos difusión e agardámosvos!

BIOGRAFÍA ROSA JOVÉ

Rosa María Jové Montanyola (Lleida, 1961) é licenciada en Psicoloxía

pola Universidade Autónomo de Barcelona, especializándose na
psicoloxía clínica infantil, xuvenil, e na psicopediatría (bebés de 0
a 3 anos). Asemesmo, tamén licenciouse en Historia e Xeografía, cunha
especialización en antropoloxía da crianza.



É a Presidenta da delegación de Lleida do Colexio Oficial de
Psicólogos en Catalunya, así como é a responsable do programa de salud
materno-infantil de UNICEF en Lleida e membro fundador do grupo de
psicólogos especializados en emerxencias e catástrofes, podendo
sinalar su participación na catastrofe do 11M. Como dí no prólogo do
seu primero libro "esa dura escuela también le ha enseñado algo: que
la gente que llora es porque sufre y necesita atención y consuelo".
Tamén é membro do Observatorio dos Dereitos da Infancia da Generalitat
de Catalunya.

Dende 1994, é a responsable do gabinete de psicoloxía do Centro Médico
CMS de Lleida, con consultas tanto en Barcelona coma en Madrid.

É a autora de grandes éxitos como "Dormir sin lágrimas", "Crianza
feliz", "Ni conflictos ni rabietas" ou "Todo es posible". Fai
colaboracións en revistas infantís como Tu bebé.

Por suposto, tamén é nai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario