martes, 6 de octubre de 2015

Actividades SMLM 2015

Esta semana celébrase a Semana Mundial da Lactación Materna e dende BBTTA organizamos distintas actividades para celebralo, como son:

Venres, 9 de outubro de 2015, de 17 a 19 horas, no Centro Comercial DV Odeón:

- Reunión semanal (suspéndese a reunión deste mércores día 7 no colexio Domirón e trasládase aquí) e mesa informativa e, ás 17:30h, contacontos para os máis peques da casa.

 Sábado, 10 de octubro, dende ás 17h na Praza de Galicia en Narón... FESTA DA TETA!!! Con actividades infantís, chocolatada, música en directo e, ademáis...

-- 17h Charla Dereitos laborais das nais (interior auditorio)

-- 18:30h Espectáculo infantil "O QUEBRANOCES" (interior auditorio)

Todas as actividades son de entrada libre e gratuita. Esperamos que sexan do voso interese e vos animedes a participar. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario