sábado, 21 de febrero de 2015

CURSO ASESORÍA E PONENCIAS

Aviso CURSO DE ASESORÍA:

Como inda nos quedan prazas libres no curso, AMPLIAMOS O PERIODO DE PREINSCRICIÓN ata finais desta semana (ata 27 de FEBREIRO).

Podédesvos matricular tanto do CURSO COMPLETO como por separado das charlas de ALBA PADRÓ e LUIS RUIZ.

A continuación ofrecémosvos uns pequenos resumos da traxectoria destes dous ponentes:

LUIS RUIZ GUZMÁN: pediatra diplomado en Patoloxía Mamaria pola universidade de Barcelona e coa Mestría en Saúde Materno Infantil pola Universidade de Londres. Dentro do seu desenvolvemento profesional, pódese destacar a súa participación como responsable do inicio e seguimento da promoción da lactación materna en España mediante a iniciativa Hospital Amigo dos Nenos e formou parte do Comité Directivo do Plan Estratéxico para a promoción, protección e apoio da lactación materna en Europa.

Do seu traballo, cabe destacar a identificación da anquiloglosia como unha situación que pode causar alteracións na lactación.

Actualmente, traballa na Unidade de Lactación do Instituto Universitario Quirón Dexeus en Barcelona e realiza clases de formación en lactación e anquiloglosia.

ALBA PADRÓ AROCAS: esta auxiliar de clínica converteuse en IBCLC no ano 2008. Entre os seus traballos, pódese destacar ser asesora de ALBA Lactación Materna, sendo actualmente a responsable das consultas telefónicas no teléfono de urxencias 24 horas.

Formada en anquiloglosia, acompañamento de nais, o sono dos bebés, método nai canguro e diversos cursos de formación de asesores de lactación materna. Realizou multitude de charlas e ponencias, destacamos a súa colaboración con FEDALMA como profesora online, así como en revistas e en diversos artigos como Vivir en familia Editorial GraóTu bebe, Tu pediatra e con Apego. Ademais, é a responsable do blog Somos la leche.

lunes, 16 de febrero de 2015

PREINSCRICIÓN CURSO ASESORÍA

Se che interesa axudar a outras nais na lactación materna ou se, como persoal sanitario, queres axudar ás mulleres nun aspecto tan importante e necesario como a lactación materna, podes realizar este curso.

Este venres, 20 de febreiro, remata a PREINSCRICIÓN para o IV CURSO DE ASESORÍA EN LACTACIÓN MATERNA.

Neste enlace podedes ver toda a información:
http://blog.bbtta.es/p/curso-asesoria-2015.htmlm

lunes, 9 de febrero de 2015

Charla PARIR NA CASA É POSIBLE


Charla PARIR NA CASA É POSIBLE.
Mércores 4 de marzo de 2015. Ás 17:00 h no colexio Domirón.

Se desexas informarte sobre a opción do parto na casa, nesta charla dúas matronas experimentadas no parto en casa informarannos sobre este tema.
É gratuito. Lembrade que a información é poder :)
Agardámosvos!

miércoles, 4 de febrero de 2015

FAITE SOCIA

FAITE SOCI@ - AXUDARÁS A OUTRAS NAIS ...

Como cada ano recordámosvos que vos podedes asociar a BBTTA.
A cuota é de 20 €/ano. 
Poderedes disfrutar do préstamo do material (sacaleites, libros, ...), recibir información, ter voto nas asambleas e, por suposto, axudaredes a moitas nais coa vosa participación, xa que contribuiredes a que BBTTA siga en pé.

Neste enlace explícase como facelo:
http://blog.bbtta.es/p/blog-page_18.html

Gracias a tod@s!