sábado, 5 de diciembre de 2015

Vén o Apalpador! 16 decembro 2015

Este ano o Apalpador visita ós nenos de BBTTA o mércores 16 de decembro.
Cos seus trasnos seguro que nos falan da importancia das nosas fragas e a nosa terra. Quizais podan traer tamén algún detalliño para os meniños.

Vinde a pasar a tarde con nós, animádevos! (Mércores 16 decembro 2015, no colexio Domirón de Narón, ás 17:30 h)

Ilustración de Xoan González

lunes, 9 de noviembre de 2015

CAMBIO LOCAL (só charla da mañá) ROSA JOVÉ


AVISO IMPORTANTE !!!! 
CAMBIO DE LOCAL - SÓ NO HORARIO DA MAÑÁ.
Como xa sabedes, BBTTA NARON, o día 14 de Novembro de 2015, ten o gusto de invitarvos a unha charla de ROSA JOVE as 11:30 horas.
Pola esperada participación dá asistencia a este evento, decidimos aumentar o aforo e cambiamos a CHARLA "XESTION DAS RABIETAS", de local.
Será no AUDITORIO VELLO DE NARON. Na Praza de GALICIA. Onde está o edificio do Concello de Narón.
O aforo será limitado, o que significa que unha vez cubertas as prazas, según chegada dos asistentes, se pechará o acceso.
Atencion!!.. Só cambiamos o local da charla dá mañá.
Pola tarde mantemos o Taller, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, Rúa María Casares. Sito frente o Pazo da Cultura. E as prazas xa están cerradas e confirmadas.
Agradécese difusión para que chegue a información do cambio, a todo o personal interesado. Grazas, esperámosvos..

domingo, 25 de octubre de 2015

XORNADAS ROSA JOVÉ 14 novembro 2015


XORNADAS ROSA JOVÉ. Sábado 14 de novembro de 2015 en Narón.
BBTTA organiza estas xornadas compostas de 2 partes:

- Charla (11:30) "Xestión das rabietas". Gratis. Aberto ata completar aforo (150 persoas). Non hai que inscribirse nesta charla matinal

- Taller (16:30) "Resolución de conflictos ó longo de toda a infancia". Prazas limitadas (inscrición no mail bbttanaron@yahoo.es, dende 30 outubro). 
*** Información inscrición taller: De balde socias BBTTA, 5€ non socias. Datos a enviar (aceptados por orde de entrada a partir do 30 outubro) NOME COMPLETO ASISTENTES (considérase cada praza á unidade familiar -2 adultos máximo- e todos os nenos benvidos). Para a inscrición, cada unidade familiar debe mandar un mail (non se aceptarán mails ca inscrición de máis dunha familia).

Rogamos difusión e agardámosvos!

BIOGRAFÍA ROSA JOVÉ

Rosa María Jové Montanyola (Lleida, 1961) é licenciada en Psicoloxía

pola Universidade Autónomo de Barcelona, especializándose na
psicoloxía clínica infantil, xuvenil, e na psicopediatría (bebés de 0
a 3 anos). Asemesmo, tamén licenciouse en Historia e Xeografía, cunha
especialización en antropoloxía da crianza.



É a Presidenta da delegación de Lleida do Colexio Oficial de
Psicólogos en Catalunya, así como é a responsable do programa de salud
materno-infantil de UNICEF en Lleida e membro fundador do grupo de
psicólogos especializados en emerxencias e catástrofes, podendo
sinalar su participación na catastrofe do 11M. Como dí no prólogo do
seu primero libro "esa dura escuela también le ha enseñado algo: que
la gente que llora es porque sufre y necesita atención y consuelo".
Tamén é membro do Observatorio dos Dereitos da Infancia da Generalitat
de Catalunya.

Dende 1994, é a responsable do gabinete de psicoloxía do Centro Médico
CMS de Lleida, con consultas tanto en Barcelona coma en Madrid.

É a autora de grandes éxitos como "Dormir sin lágrimas", "Crianza
feliz", "Ni conflictos ni rabietas" ou "Todo es posible". Fai
colaboracións en revistas infantís como Tu bebé.

Por suposto, tamén é nai.

martes, 6 de octubre de 2015

Actividades SMLM 2015

Esta semana celébrase a Semana Mundial da Lactación Materna e dende BBTTA organizamos distintas actividades para celebralo, como son:

Venres, 9 de outubro de 2015, de 17 a 19 horas, no Centro Comercial DV Odeón:

- Reunión semanal (suspéndese a reunión deste mércores día 7 no colexio Domirón e trasládase aquí) e mesa informativa e, ás 17:30h, contacontos para os máis peques da casa.

 Sábado, 10 de octubro, dende ás 17h na Praza de Galicia en Narón... FESTA DA TETA!!! Con actividades infantís, chocolatada, música en directo e, ademáis...

-- 17h Charla Dereitos laborais das nais (interior auditorio)

-- 18:30h Espectáculo infantil "O QUEBRANOCES" (interior auditorio)

Todas as actividades son de entrada libre e gratuita. Esperamos que sexan do voso interese e vos animedes a participar. 


miércoles, 23 de septiembre de 2015

jueves, 9 de julio de 2015

Reunión MUIÑO PEDROSO xullo 2015


REUNIÓN MÉRCORES 15 DE XULLO de 2015
LUGAR: Muiño do Pedroso (http://goo.gl/maps/Dd5Bc)
HORA: 5 da tarde
Agardámosvos nesta reunión ó aire libre do vindeiro mércores. 
Para pasar a tarde ou para facer calquera consulta sobre lactancia.




jueves, 25 de junio de 2015

ENCONTRO INTERXERACIONAL 2015


ENCONTRO MUNICIPAL Interxeracional do Concello de Narón
SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2015.
Lugar: Feira do trece


BBTTA asistará ó evento cun stand informativo. De 11:00 a 13:00 h pola mañá. De 16:00 a 19:00 h pola tarde.
Animámosvos a que asistades para pasar o día ou para consultarnos calquera dúbida ca lactación.





miércoles, 24 de junio de 2015

REUNIÓN BBTTA (última xuño)

O MÉRCORES 24 DE XUÑO de 2015, terá lugar a última reunión de BBTTA do curso no Colexio Domirón. Será de 5 a 7 da tarde. Agardámosvos!
NO VERÁN teremos 2 reunións ó aire libre no Muiño do Pedroso (iremos informándovos). 
E reanudaremos as reunións no Colexio Domirón o primeiro mércores de Setembro.




viernes, 12 de junio de 2015

FESTA ANIVERSARIO. CAMBIO LUGAR!!

URXENTE - CAMBIO DE ULTIMA HORA!!!! 

A FESTA DO 10º ANIVERSARIO DE BBTTA CAMBIA DE LUGAR!!! 
SERÁ NAS INSTALACIÓNS DA FEIRA DO 13 DE SEDES!! 

DESCULPADE AS MOLESTIAS!! Igualmente manhá sábado 13 de xunho a partires das 17:00 AGARDÁMOSVOS!!! 

Evento: X ANIVERSARIO DE BBTTA
Lugar: FEIRA DO TRECE
Día: SÁBADO 13 DE XUÑO
Hora: 5 DA TARDE

viernes, 29 de mayo de 2015

FESTA DÉCIMO ANIVERSARIO!



DÉCIMO ANIVERSARIO DE BBTTA!

Estase a anotar bastante xente para esta celebración (o sábado 13 de xuño de 2015 na asoc. veciños do Val).
Animádevos a anotádevos, sabedes que estades invitados todos, tanto socios como a xente que non é socia.

Será unha FESTA GRATUITA con moito entretemento.

Para anotarvos mandade (a bbttanaron@yahoo.es ou por privado) o voso nome e o número de acompañantes

miércoles, 20 de mayo de 2015

Charla ALIMENTACIÓN COMPLEMENTARIA 2015



O vindeiro MÉRCORES 27 de Maio de 2015, as 17:00 horas, no colexio Domirón en NARON, BBTTA dará unha charla sobre a alimentación complementaria.

Despois dos seis meses de lactancia exclusiva ou mixta ou artificial, chega o momento de aportarlle algo máis, sempre baixo unhas normas e respetando o bebé e a súa madurez. 

Informaremos das pautas a seguir, cómo compaxinar triturados e a alimentación complementaria dando a comida sin triturar, Baby Led Weaning e resolveremos as dúbidas que xurden nesa fase.

Agardámosvos!!

jueves, 16 de abril de 2015

Charla A PATERNIDADE



Charla A PATERNIDADE, sobre o papel do pai na lactancia materna, no vínculo co neno e na nova vida que xurde co nacemento do fillo.
Ofrecida por BBTTA o MÉRCORES 29 de abril ás 5 da tarde, no colexio Domirón de Narón.
Agardámosvos pais, nais, compañeir@s!

sábado, 21 de febrero de 2015

CURSO ASESORÍA E PONENCIAS

Aviso CURSO DE ASESORÍA:

Como inda nos quedan prazas libres no curso, AMPLIAMOS O PERIODO DE PREINSCRICIÓN ata finais desta semana (ata 27 de FEBREIRO).

Podédesvos matricular tanto do CURSO COMPLETO como por separado das charlas de ALBA PADRÓ e LUIS RUIZ.

A continuación ofrecémosvos uns pequenos resumos da traxectoria destes dous ponentes:

LUIS RUIZ GUZMÁN: pediatra diplomado en Patoloxía Mamaria pola universidade de Barcelona e coa Mestría en Saúde Materno Infantil pola Universidade de Londres. Dentro do seu desenvolvemento profesional, pódese destacar a súa participación como responsable do inicio e seguimento da promoción da lactación materna en España mediante a iniciativa Hospital Amigo dos Nenos e formou parte do Comité Directivo do Plan Estratéxico para a promoción, protección e apoio da lactación materna en Europa.

Do seu traballo, cabe destacar a identificación da anquiloglosia como unha situación que pode causar alteracións na lactación.

Actualmente, traballa na Unidade de Lactación do Instituto Universitario Quirón Dexeus en Barcelona e realiza clases de formación en lactación e anquiloglosia.

ALBA PADRÓ AROCAS: esta auxiliar de clínica converteuse en IBCLC no ano 2008. Entre os seus traballos, pódese destacar ser asesora de ALBA Lactación Materna, sendo actualmente a responsable das consultas telefónicas no teléfono de urxencias 24 horas.

Formada en anquiloglosia, acompañamento de nais, o sono dos bebés, método nai canguro e diversos cursos de formación de asesores de lactación materna. Realizou multitude de charlas e ponencias, destacamos a súa colaboración con FEDALMA como profesora online, así como en revistas e en diversos artigos como Vivir en familia Editorial GraóTu bebe, Tu pediatra e con Apego. Ademais, é a responsable do blog Somos la leche.

lunes, 16 de febrero de 2015

PREINSCRICIÓN CURSO ASESORÍA

Se che interesa axudar a outras nais na lactación materna ou se, como persoal sanitario, queres axudar ás mulleres nun aspecto tan importante e necesario como a lactación materna, podes realizar este curso.

Este venres, 20 de febreiro, remata a PREINSCRICIÓN para o IV CURSO DE ASESORÍA EN LACTACIÓN MATERNA.

Neste enlace podedes ver toda a información:
http://blog.bbtta.es/p/curso-asesoria-2015.htmlm

lunes, 9 de febrero de 2015

Charla PARIR NA CASA É POSIBLE


Charla PARIR NA CASA É POSIBLE.
Mércores 4 de marzo de 2015. Ás 17:00 h no colexio Domirón.

Se desexas informarte sobre a opción do parto na casa, nesta charla dúas matronas experimentadas no parto en casa informarannos sobre este tema.
É gratuito. Lembrade que a información é poder :)
Agardámosvos!

miércoles, 4 de febrero de 2015

FAITE SOCIA

FAITE SOCI@ - AXUDARÁS A OUTRAS NAIS ...

Como cada ano recordámosvos que vos podedes asociar a BBTTA.
A cuota é de 20 €/ano. 
Poderedes disfrutar do préstamo do material (sacaleites, libros, ...), recibir información, ter voto nas asambleas e, por suposto, axudaredes a moitas nais coa vosa participación, xa que contribuiredes a que BBTTA siga en pé.

Neste enlace explícase como facelo:
http://blog.bbtta.es/p/blog-page_18.html

Gracias a tod@s!