martes, 3 de junio de 2014

ENCONTRO INTERXERACIONAL Sedes 2014


BBTTA participa no ENCONTRO INTERXERACIONAL de Sedes. O sábado 28 de Xuño de 2014.

Neste evento haberá xogos infantís, cancións de animación, musicoterapia, danza oriental, baile de salón, coral, zumba, ...

Dende BBTTA ofrecemos a exposición de CADROS DE MATERNIDADE E LACTACIÓN MATERNA de Soraya García Riveiros. Ademais do noso stand informativo.

Podes inscribirte, para pasar este entretido día de verán, ata o día 20 de xuño.

Dinos, nunha mensaxe privada (bbttanaron@yahoo.es), os teus datos, se vas vir ou non a xantar (cada familia leva a súa comida, dispoñemos de mesas e sillas) e se che interesaría ir nun bus dende Narón.

Animádevos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario