domingo, 13 de abril de 2014

Charla: E COMO PAI, QUE FAGO ... ?

Se es pai, ou proxectas selo, pode que esta charla sexa do teu interese: E como pai ¿qué fago para apoiar a lactación? 
Non só estamos para ás nais, queremos que os pais compartan inquedanzas, dúbidas, e trataremos de respostalas con información pertinente e útil.

Un pai da nosa asociación expoñerá, dende a súa experiencia, que consideramos moi positiva, qué pode facer un pai para apoiar a lactación, e a grande importancia que teñen os pais na mesma.

O vindeiro mércores 23 de abril de 2014, coincidindo coa xuntanza semanal de BBTTA.

Grazas a María, Mariña e Arturo pola preciosa foto. 
Agardámosvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario