lunes, 22 de diciembre de 2014

REUNIÓNS NADAL 2015

Non haberá reunións de BBTTA ata o MÉRCORES 14 DE XANEIRO de 2015.

Lembra que para calquera dúbida ou consulta podes chamar ó noso teléfono: 680 113 845


miércoles, 10 de diciembre de 2014

CHEGA O APALPADOR A BBTTA! (2014)

O mércores 17 de decembro de 2014, ás 5 da tarde, o apalpador, acompañado polos seus trasnos, virá a BBTTA a facernos unha visita.

Podedes informarvos da figura do apalpador en numerosos enlaces da rede. Deixámosvos estes dous:
http://www.apalpador.com/orixes/
http://youtu.be/D7U4P1gPSTA

Debuxo de Xoán G.


domingo, 30 de noviembre de 2014

ASAMBLEA DE SOCIAS


Este mércores, 3 de decembro de 2014, hai asamblea de socias en BBTTA.
Ás 17:00 h en primeira convocatoria, e ás 17:30 h en segunda.
No colexio Domirón.
Agardamos que todas as socias que vos sexa posible veñades a formar parte desta reunión!


jueves, 13 de noviembre de 2014

Charla: PRIMEIROS AUXILIOS NA INFANCIA

Se tes dúbidas sobre cando acudir a urxencias, como actuar.....esta charla interésate, impartida pola pediatra Guadalupe Martínez Meléndez, en BBTTA o mércores 26 de novembro de 2014, ás 17:00 h, no Colexio Domirón (Narón).


jueves, 2 de octubre de 2014

SMLM2014. XUNTANZA EN ODEÓN

Mañá, VENRES 3 DE OUTUBRO de 2014, temos XUNTANZA NO ODEÓN, ás 5 da tarde.
Teremos stand informativo.

Achegádevos para pasar a tarde, tamén se tedes algunha dúbida coa lactación.
Agardámosvos!


lunes, 29 de septiembre de 2014

SMLM 2014. Charla LACTANDO CON NATURALIDADE


Charla LACTANDO CON NATURALIDADE.
Este mércores, 1 de outubro de 2014. Ás 5 da tarde. No Colexio Domirón.

Esta é a primeira das actividades que levamos a cabo nesta SEMANA MUNDIAL DO ALEITAMENTO MATERNO 2014.

Agardámosvos!



martes, 9 de septiembre de 2014

VOLVEN AS REUNIÓNS!

Este MÉRCORES, 10 de setembro dd 2014, comezan de novo as REUNIÓNS de BBTTA (todos os mércores do calendario escolar).

Estamos de 5 a 7 no COLEXIO DOMIRÓN de Narón (carreteira da Faísca).

AGARDÁMOSVOS! Podedes consultar calquera dúbida relacionada coa lactación materna.


miércoles, 6 de agosto de 2014

REUNIÓN DE VERÁN EN PEDROSO

O MÉRCORES 13 de agosto de 2014, celebraremos unha reunión de verán. 

Ás 5 da tarde, no merendeiro do MUIÑO DE PEDROSO en Sedes (Enlace: localización MUIÑO DO PEDROSO).

Levade as vosas merendas. Agardámosvos para falar das vosas dúbidas sobre lactación e para pasar unha bonita tarde no campo!

.

martes, 8 de julio de 2014

REUNIÓN DE VERÁN EN ARES

Vindeiro MÉRCORES 16 DE XULLO de 2014.
Quedamos ó lado da OFICINA DE TURISMO de ARES (enlace: mapa oficina turismo Ares). De 5 a 7 da tarde.

Cada un leva a súa merenda. Pasaremos alí a tarde, ó lado da praia. Ademais podedes vir os que teñades calquera dúbida ou necesidade coa lactación materna.

Agardámosvos!

miércoles, 25 de junio de 2014

FIN REUNIÓNS - ENCONTRO INTERXERACIONAL 28 xuño

Xa remataron as reunións semanais de BBTTA en Domirón. En setembro se reanudarán.

Pero este sábado, 28 de xuño de 2014, podedes achegarvos ó encontro interxeracional de Sedes. Estaremos no stand de BBTTA dende as 10:00 ata as 19:00.

Lembrade que sempre temos atención telefónica continuada, no 680 113 845.


viernes, 13 de junio de 2014

REPORTAXE LEITE MATERNO



Reportaxe en "PARA TODOS LA 2".
Sobre lactación materna. Interveñen matrona, xinecóloga e pediatra.
A destacar como consello: VISITAR A GRUPO DE APOIO á lactación materna para facilitar o aleitamento.
Xa sabedes! BBTTA e outros grupos estamos ahí para vós!

martes, 3 de junio de 2014

ENCONTRO INTERXERACIONAL Sedes 2014


BBTTA participa no ENCONTRO INTERXERACIONAL de Sedes. O sábado 28 de Xuño de 2014.

Neste evento haberá xogos infantís, cancións de animación, musicoterapia, danza oriental, baile de salón, coral, zumba, ...

Dende BBTTA ofrecemos a exposición de CADROS DE MATERNIDADE E LACTACIÓN MATERNA de Soraya García Riveiros. Ademais do noso stand informativo.

Podes inscribirte, para pasar este entretido día de verán, ata o día 20 de xuño.

Dinos, nunha mensaxe privada (bbttanaron@yahoo.es), os teus datos, se vas vir ou non a xantar (cada familia leva a súa comida, dispoñemos de mesas e sillas) e se che interesaría ir nun bus dende Narón.

Animádevos!

martes, 20 de mayo de 2014

Obradoiro PORTABEBÉS


Mércores 28 DE MAIO de 2014:

Obradoiro de PORTABEBÉS: COLEANDO.

Durante a reunión ordinaria que BBTTA fai cada semana no colexio Domirón da Faísca a partir das 17h.

Impartido por Silvia López e Susana Cenalmor, expertas mamás porteadoras.

martes, 29 de abril de 2014

Charla: 'FISIOTERAPIA RESPIRATORIA'


O mércores 14 de maio de 2014, ás 5 da tarde en BBTTA (colexio Domirón de Narón), charla sobre FISIOTERAPIA RESPIRATORIA, impartida polo fisioterapeuta Jorge Montero.
- Patoloxías comúns en nen@s sans
- Que se pode facer dende a FTP
- Anatomía e fisioloxía da respiración

Contamos contigo!

domingo, 13 de abril de 2014

Charla: E COMO PAI, QUE FAGO ... ?

Se es pai, ou proxectas selo, pode que esta charla sexa do teu interese: E como pai ¿qué fago para apoiar a lactación? 
Non só estamos para ás nais, queremos que os pais compartan inquedanzas, dúbidas, e trataremos de respostalas con información pertinente e útil.

Un pai da nosa asociación expoñerá, dende a súa experiencia, que consideramos moi positiva, qué pode facer un pai para apoiar a lactación, e a grande importancia que teñen os pais na mesma.

O vindeiro mércores 23 de abril de 2014, coincidindo coa xuntanza semanal de BBTTA.

Grazas a María, Mariña e Arturo pola preciosa foto. 
Agardámosvos!

domingo, 2 de marzo de 2014

FESTIVIDADE DE ENTROIDO

Este mércores, 5 DE MARZO, NON HABERÁ REUNIÓN de BBTTA, por ser festivo de entroido en Narón.

Esperámosvos para o seguinte mércores!

lunes, 3 de febrero de 2014

Charla: PARIR NA CASA


O próximo Mércores 12 de Febreiro de 2014, coincidindo coa xuntanza semanal de BBTTA, contaremos coa presenza de Susana Iglesias e Viki Pita, matronas adicadas ao parto en casa.
Baixo o título "Parir na casa: unha opción fermosa é posible", Susana e Viki, achegarannos un pouco mais a experiencia do parto na casa, un parto íntimo e respetado.

A charla terá lugar às 17h no Colexio Domirón.
AGARDÁMOSTE!!

lunes, 13 de enero de 2014

CUOTA SOCI@ 2014


Unha vez comezado este ano 2014, queremos recordavos que ca vosa cuota, de 20 €/ano, facedes posible que podamos prestar axuda a outras nais. Facendo visitas a domicilio, préstamos de material, organizando charlas informativas, obradoiros, …

Ademais de poder disfrutar destes servicios, seredes informadas a través do correo electrónico das actividades que levamos a cabo e teredes dereito a formar parte das asambleas da asociación.

Se che interesa sumar a túa axuda podes realizar o teu pago anual, ou levar a cabo unha aportación puntual, no seguinte número de conta:

2091 – 0235 – 58 – 3040001592  (NOVAGALICIA BANCO)
Indicando no concepto: CUOTA ou APORTACIÓN + o teu nome

Nas reunións semanais (mércores de 17:00 a 19:00 h no Colexio Domirón) tamén tes a opción de pagar a cuota.

Gracias por estar ahí!

BBTTA Narón
blog.bbtta.es
BBTTA tamén no facebook
680 113 845



domingo, 5 de enero de 2014

BANCO E TROCO DE ROUPA INFANTIL

Este mércores, aproveitando que retomamos xuntanzas, festexamos o 2º aniversario do Banco E Troco De Roupa Infantil.
Será coincidindo coa xuntanza semanal de BBTTA no Colexio Domirón de Narón, de 17:00 a 19:00. 
Aproveitade para traer toda esa roupiña que tedes acumulada.


jueves, 2 de enero de 2014

REUNIÓNS DESPOIS DO NADAL

Volven as REUNIÓNS de BBTTA despois do nadal.
Este mércores 8 de xaneiro.
Ás 17:00 h no Colexio Domirón de Narón.