lunes, 2 de diciembre de 2013

VÉN O APALPADOR!

O vindeiro mércores, 18 de decembro de 2013, chegará o Apalpador a BBTTA.
Un  ano máis chegará cos seus trasnos a facernos unha visita ó colexio Domirón, coincidindo cas xuntanzas semanais, de 17:00 a 19:00 h.

Deseño de Leandro Lamas (leandrolamas.blogspot.com.es)

O Apalpador é un ser mítico, que segundo a tradición oral das montañas luguesas, visitaba ós nenos na última noite do ano para deixarlles unha presa de castañas quentes. Na noite do 31 de decembro entraba nas casas e apalpaba as barriguiñas dos nenos, para ver se pasaban fame ou estaban fartos. No caso de que os atopase ben alimentados, dicíalles: “Así, así esteas todo o ano”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario