viernes, 27 de septiembre de 2013

Charla ROMPENDO OS MITOS DA TETA

Charla ROMPENDO OS MITOS DA TETA.
Mércores 2 de outubro de 2013, no Colexio Domirón de Narón (17:00 h).
(bbttanaron@yahoo.es, 680 113 845)

Para mamás e futuras mamás. DIFUNDÍDEO, PARA QUE CHEGUE Ó MAIOR NÚMERO DE MULLERES EMBARAZADAS E CON BEBÉS PEQUENOS.

As matronas Raquel Ramos e Conchi González falarannos dos medos e lendas que existen entorno á lactación materna.

martes, 24 de septiembre de 2013

SEMANA DO ALEITAMENTO 2013

Achégase a SEMANA MUNDIAL DO ALEITAMENTO MATERNO 2013.
Este ano teremos 3 actividades:

- MÉRCORES 2 OUTUBRO: Charla “ROMPENDO OS MITOS DA TETA” (17:00 h no Colexio Domirón)

- SÁBADO 5 OUTUBRO: FESTA DA TETA (17:00 h na praza da Gándara)

- MÉRCORES 9 OUTUBRO: Exposición pinturas sobre aleitamento e Xuntanza en Odeón (17:00 h)



miércoles, 18 de septiembre de 2013

ALEITAR EN PÚBLICO

Dereito a amamantar no modo e lugar desexados. Con iso "... no sólo beneficiaremos a los niños y a las madres, si no a toda la sociedad".

Lede este comunicado da Asociación Española de Pediatría:
AEPED. Lactancia materna a demanda



domingo, 1 de septiembre de 2013

VOLTA DAS REUNIÓNS SEMANAIS!


Este mércores, día 4 de setembro, comezamos as reunións semanais de BBTTA.
Esperámosvos con moita ilusión no Colexio C.R.A. Domirón de Narón, de 17:00 h a 19:00 h, para calquera dúbida relacionada coa lactación ou para vir pasar unha boa tarde acompañadas de máis mamás que dan a teta.