miércoles, 7 de agosto de 2013

REUNIÓN EN MUIÑO DO PEDROSO

 

O mércores 21 de agosto ás 17:00 h BBTTA celebrará unha reunión ó aire libre no Muiño do Pedroso (pincha aquí para localización MUIÑO DO PEDROSO), ó lado do camping río xuvia.
Como na anterior reunión, levaremos cousiñas para merendar. Para organizarnos, quen se anime a levar algo pode dicilo no próximo evento do facebook.
Agardámosvos!

jueves, 1 de agosto de 2013

POSTURAS PARA AMAMANTAR



No enlace de arriba aparecen algunhas posturas para aleitar. Fixádevos nos debuxos, son moi explicativos.

Lembrade que na posición, ou posicións, que elixades para aleitar NON DEBEDES SENTIR DOR.

Buscade a máxima comodidade para vós e para o voso bebé e … a gozar do momento!