jueves, 24 de enero de 2013

OSTEOPOROSE COA LACTACIÓN? NON, NON, NON

En moitas ocasións asóciase a osteoporose coa lactación, acusando a esta última de provocar perdas de calcio nos ósos.
Existen estudos científicos que demostran que isto non é así. Din o seguinte:
“Durante a lactación prodúcese unha perda fisiolóxica do 3 ó 7% do calcio óseo, que se recupera espontaneamente a partir dos 6 meses, aínda que haxa embarazos moi próximos”.
Ademais, viuse que aleitar protexe en certa medida fronte a futuras fracturas por osteoporose e mellora a densidade ósea.

A inxesta de calcio da nai non inflúe no contido de calcio do leite materno. Unha vez pasados os 6 primeiros meses de lactación o calcio recupérase de forma espontánea, independentemente da inxesta do mesmo ou do uso de suplementos.

Abaixo pódense ver as referencias das citas e respostas de pediatras do comité de lactación materna a diferentes consultas relacionadas con estes temas.

http://cozybebe.blogspot.com.es/search?q=osteoporosis
http://www.aeped.es/foros/dudas-sobre-lactancia-materna-padres/osteoporosis-y-lactancia
http://www.aeped.es/foros/dudas-sobre-lactancia-materna-padres/ausencia-lacteos-en-dieta-madre-



No hay comentarios:

Publicar un comentario