jueves, 24 de enero de 2013

OSTEOPOROSE COA LACTACIÓN? NON, NON, NON

En moitas ocasións asóciase a osteoporose coa lactación, acusando a esta última de provocar perdas de calcio nos ósos.
Existen estudos científicos que demostran que isto non é así. Din o seguinte:
“Durante a lactación prodúcese unha perda fisiolóxica do 3 ó 7% do calcio óseo, que se recupera espontaneamente a partir dos 6 meses, aínda que haxa embarazos moi próximos”.
Ademais, viuse que aleitar protexe en certa medida fronte a futuras fracturas por osteoporose e mellora a densidade ósea.

A inxesta de calcio da nai non inflúe no contido de calcio do leite materno. Unha vez pasados os 6 primeiros meses de lactación o calcio recupérase de forma espontánea, independentemente da inxesta do mesmo ou do uso de suplementos.

Abaixo pódense ver as referencias das citas e respostas de pediatras do comité de lactación materna a diferentes consultas relacionadas con estes temas.

http://cozybebe.blogspot.com.es/search?q=osteoporosis
http://www.aeped.es/foros/dudas-sobre-lactancia-materna-padres/osteoporosis-y-lactancia
http://www.aeped.es/foros/dudas-sobre-lactancia-materna-padres/ausencia-lacteos-en-dieta-madre-



viernes, 18 de enero de 2013

LEITE E COLEITO

O coleito é a práctica na que os nenos dormen na mesma cama que os seus pais.
No artigo de abaixo explícanse as vantaxes do coleito (algunha relacionada coa lactación materna) e o porqué da súa existencia.



viernes, 11 de enero de 2013

MEDICAMENTOS E LACTACIÓN

Nesta páxina pódense consultar os medicamentos que son compatibles coa lactación: www.e-lactancia.org (tamén dispoñible na columna dereita en "webs de interese").
Existen moitos mitos de incompatibilidades, así que tócanos informarnos para espantalos do noso redor. Botádelle un ollo a esta entrevista do ano 2010: