martes, 17 de diciembre de 2013

O APALPADOR EN BBTTA

Este mércores, 18 de decembro de 2013, chegará o Apalpador a BBTTA.
Un  ano máis chegará cos seus trasnos a facernos unha visita ó colexio Domirón, coincidindo cas xuntanzas semanais, de 17:00 a 19:00 h.

Deseño de Leandro Lamas (leandrolamas.blogspot.com.es)

O Apalpador é un ser mítico, que segundo a tradición oral das montañas luguesas, visitaba ós nenos na última noite do ano para deixarlles unha presa de castañas quentes. Na noite do 31 de decembro entraba nas casas e apalpaba as barriguiñas dos nenos, para ver se pasaban fame ou estaban fartos. No caso de que os atopase ben alimentados, dicíalles: “Así, así esteas todo o ano”.

viernes, 13 de diciembre de 2013

Charla "A LACTACIÓN MATERNA NA SOCIEDADE"


BBTTA imparte a charla "A LACTACIÓN MATERNA NA SOCIEDADE".

NO ATENEO FERROLÁN (situación), LUNS 16 DE DECEMBRO (17:00 h).

DESTINADO A MULLERES EMBARAZADAS, NAIS, PAIS E CALQUERA INTERESADA/O. (Difundídeo se coñecedes a alguén que lle poda interesar), (evento creado no facebook de BBTTA).

Abordaremos as dificultades que poden atopar as nais ó dar o peito en espacios públicos e privados, uso dos denominados "espacios de lactación", os dereitos que teñen a aleitar, as recomendacións da OMS sobre alimentación infantil e como chegou a nosa sociedade a menospreciar un acto tan ancestral, natural e preciso para a correcta nutrición da nosa especie.



lunes, 2 de diciembre de 2013

VÉN O APALPADOR!

O vindeiro mércores, 18 de decembro de 2013, chegará o Apalpador a BBTTA.
Un  ano máis chegará cos seus trasnos a facernos unha visita ó colexio Domirón, coincidindo cas xuntanzas semanais, de 17:00 a 19:00 h.

Deseño de Leandro Lamas (leandrolamas.blogspot.com.es)

O Apalpador é un ser mítico, que segundo a tradición oral das montañas luguesas, visitaba ós nenos na última noite do ano para deixarlles unha presa de castañas quentes. Na noite do 31 de decembro entraba nas casas e apalpaba as barriguiñas dos nenos, para ver se pasaban fame ou estaban fartos. No caso de que os atopase ben alimentados, dicíalles: “Así, así esteas todo o ano”.


miércoles, 13 de noviembre de 2013

PINTURA Ó VIVO EN BBTTA

Hoxe, mércores 13, coincidindo coa xuntanza semanal de BBTTA:

A pintora e ilustradora Carmen Martín (licenciada en Belas Artes), nai lactante e directora en "Casal del Arte" virá a pintar ao vivo ás nais que vos apeteza cos vosos bebés nos intres da lactación ou os que vos apeteza.

Agardámosvos!


domingo, 6 de octubre de 2013

XUNTANZA EN ODEÓN 2013

  

Este mércores 9 de outubro de 2013 a nosa xuntanza trasládase ó centro comercial Odeón.
Ademais da nosa reunión, haberá stand informativo e exposición de pinturas coa temática da lactación (Soraya García Ribeiros donará un 20% das súas ventas á nosa asociación).

jueves, 3 de octubre de 2013

FESTA DA TETA 2013


Esperámosvos este sábado 5 de outubro, na Praza da Gándara de Narón (17:00 h).

Castelo inchable – Banda de gaitas – Música en directo – Stand informativo





viernes, 27 de septiembre de 2013

Charla ROMPENDO OS MITOS DA TETA

Charla ROMPENDO OS MITOS DA TETA.
Mércores 2 de outubro de 2013, no Colexio Domirón de Narón (17:00 h).
(bbttanaron@yahoo.es, 680 113 845)

Para mamás e futuras mamás. DIFUNDÍDEO, PARA QUE CHEGUE Ó MAIOR NÚMERO DE MULLERES EMBARAZADAS E CON BEBÉS PEQUENOS.

As matronas Raquel Ramos e Conchi González falarannos dos medos e lendas que existen entorno á lactación materna.

martes, 24 de septiembre de 2013

SEMANA DO ALEITAMENTO 2013

Achégase a SEMANA MUNDIAL DO ALEITAMENTO MATERNO 2013.
Este ano teremos 3 actividades:

- MÉRCORES 2 OUTUBRO: Charla “ROMPENDO OS MITOS DA TETA” (17:00 h no Colexio Domirón)

- SÁBADO 5 OUTUBRO: FESTA DA TETA (17:00 h na praza da Gándara)

- MÉRCORES 9 OUTUBRO: Exposición pinturas sobre aleitamento e Xuntanza en Odeón (17:00 h)



miércoles, 18 de septiembre de 2013

ALEITAR EN PÚBLICO

Dereito a amamantar no modo e lugar desexados. Con iso "... no sólo beneficiaremos a los niños y a las madres, si no a toda la sociedad".

Lede este comunicado da Asociación Española de Pediatría:
AEPED. Lactancia materna a demanda



domingo, 1 de septiembre de 2013

VOLTA DAS REUNIÓNS SEMANAIS!


Este mércores, día 4 de setembro, comezamos as reunións semanais de BBTTA.
Esperámosvos con moita ilusión no Colexio C.R.A. Domirón de Narón, de 17:00 h a 19:00 h, para calquera dúbida relacionada coa lactación ou para vir pasar unha boa tarde acompañadas de máis mamás que dan a teta.

miércoles, 7 de agosto de 2013

REUNIÓN EN MUIÑO DO PEDROSO

 

O mércores 21 de agosto ás 17:00 h BBTTA celebrará unha reunión ó aire libre no Muiño do Pedroso (pincha aquí para localización MUIÑO DO PEDROSO), ó lado do camping río xuvia.
Como na anterior reunión, levaremos cousiñas para merendar. Para organizarnos, quen se anime a levar algo pode dicilo no próximo evento do facebook.
Agardámosvos!

jueves, 1 de agosto de 2013

POSTURAS PARA AMAMANTAR



No enlace de arriba aparecen algunhas posturas para aleitar. Fixádevos nos debuxos, son moi explicativos.

Lembrade que na posición, ou posicións, que elixades para aleitar NON DEBEDES SENTIR DOR.

Buscade a máxima comodidade para vós e para o voso bebé e … a gozar do momento!

lunes, 8 de julio de 2013

XUNTANZA EN CABANAS


O vindeiro mércores 17 de xullo ás 17:00 h celebraremos unha reunión-merenda ó aire libre.

Este encontro é moi especial porque teremos con nós ás rapazas e nenos do grupo de crianza de Miño, Aleitar e Criar.

Terá lugar no pinar de Cabanas ás 17:00 h. Quedaremos na zona do comezo do pinar, pegado mesmo á zona de pradeira (LOCALIZACIÓN MERENDA).

Para a merenda fannos falta colaboradores. Cada un pode levar unha cousa, algunha idea:

  • Bebidas: cafés, auga
  • Froita
  • Algunha tarta ou bizcoito
  • Vasos, pratos e culleriñas de plástico, servilletas, algún coitelo, bolsas de plástico.

Se queredes dicide aquí o que vades levar, para así organizarnos mellor.




domingo, 7 de julio de 2013

jueves, 20 de junio de 2013

VERÁN EN BBTTA


O vindeiro mércores 26 de xuño teremos a nosa última reunión no colexio Domirón, reanudarémolas o primeiro mércores de setembro.

Estes meses de verán teremos dúas XUNTANZAS Ó AIRE LIBRE:

17 XULLO no PINAR DE CABANAS (ás 17:00 h)
21 AGOSTO no MUIÑO DO PEDROSO (ás 17:00 h)

Lembrade que nestes dous meses o teléfono de consulta de BBTTA (680 113 845) seguirá en activo para calquera dúbida que vos xurda na vosa lactación.


jueves, 6 de junio de 2013

ALIMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

Deixámosvos este traballo de Sonia Camoira (asesora de lactación materna), no que se resumen as recomendacións básicas de alimentación complementaria:





Alimentación Complementaria.

Como su nombre indica, la alimentación complementaria “complementa” la lactancia materna, y no al revés.

La leche materna es el principal alimento infantil durante el 1º año de vida.

Recomendaciones de la OMS y UNICEF
Edad recomendada para la introducción de la AC

Todos los niños más pronto o más tarde muestran interés por la comida de los adultos. Probar nuevos sabores y texturas se convierte en una experiencia sensorial única y en una oportunidad de aprendizaje. De esta manera, el niño

miércoles, 27 de febrero de 2013

NA GARDERÍA TAMÉN TETIÑA

“A alimentación con leite materno ós lactantes que asisten ás escolas infantís pode levarse a cabo tanto de forma natural, cando é a propia nai a que acude ó centro para darlle o peito, como mediante a administración do leite materno previamente extraído e almacenado cando a nai non se poida desprazar.”

Abaixo aparece o protocolo para a alimentación con leite materno nas escolas infantís.
Nel descríbense as recomendacións para a conservación, almacenaxe, preparación e transporte por parte da nai. Así como a conservación e administración do leite materno por parte das escolas infantís.



jueves, 7 de febrero de 2013

CARIES DO BIBERÓN

As caries na infancia ás veces utilízanse como escusa para recomendar o destete dos nenos. Pero a lactación materna NON PROVOCA as caries, existen numerosos factores implicados na aparición de caries.

Nas publicacións abaixo enlazadas, explícanse o que son as caries e as causas que as provocan:
Existe o que se chama a caries do biberón, causada polo contacto frecuente con líquidos doces como leite ou zume, especialmente se se deixa ó bebé co biberón para durmir, usándoo coma un chupete.
Os nenos amamantados tamén poden sufrir caries, pero non por causa do leite materno. “Os nenos pequenos que teñen caries non se lles debe destetar nin tampouco achacar ó aleitamento frecuente nas noites como causa destas”.




jueves, 24 de enero de 2013

OSTEOPOROSE COA LACTACIÓN? NON, NON, NON

En moitas ocasións asóciase a osteoporose coa lactación, acusando a esta última de provocar perdas de calcio nos ósos.
Existen estudos científicos que demostran que isto non é así. Din o seguinte:
“Durante a lactación prodúcese unha perda fisiolóxica do 3 ó 7% do calcio óseo, que se recupera espontaneamente a partir dos 6 meses, aínda que haxa embarazos moi próximos”.
Ademais, viuse que aleitar protexe en certa medida fronte a futuras fracturas por osteoporose e mellora a densidade ósea.

A inxesta de calcio da nai non inflúe no contido de calcio do leite materno. Unha vez pasados os 6 primeiros meses de lactación o calcio recupérase de forma espontánea, independentemente da inxesta do mesmo ou do uso de suplementos.

Abaixo pódense ver as referencias das citas e respostas de pediatras do comité de lactación materna a diferentes consultas relacionadas con estes temas.

http://cozybebe.blogspot.com.es/search?q=osteoporosis
http://www.aeped.es/foros/dudas-sobre-lactancia-materna-padres/osteoporosis-y-lactancia
http://www.aeped.es/foros/dudas-sobre-lactancia-materna-padres/ausencia-lacteos-en-dieta-madre-



viernes, 18 de enero de 2013

LEITE E COLEITO

O coleito é a práctica na que os nenos dormen na mesma cama que os seus pais.
No artigo de abaixo explícanse as vantaxes do coleito (algunha relacionada coa lactación materna) e o porqué da súa existencia.



viernes, 11 de enero de 2013

MEDICAMENTOS E LACTACIÓN

Nesta páxina pódense consultar os medicamentos que son compatibles coa lactación: www.e-lactancia.org (tamén dispoñible na columna dereita en "webs de interese").
Existen moitos mitos de incompatibilidades, así que tócanos informarnos para espantalos do noso redor. Botádelle un ollo a esta entrevista do ano 2010: