miércoles, 14 de noviembre de 2012

VENCEREICHE SOLO PÉLVICO!

Nesta entrada queremos falar abertamente da situación do noso solo pélvico meses despois de dar a luz, xa que esta é unha das preocupacións que se perciben en moitas das nosas reunións.

Pasado o embarazo e o parto moitas mulleres quedamos afectadas negativamente na fortaleza do noso solo pélvico. Temos perdas de orina, conseguimos pouca contracción vaxinal, … por non falar da tensión dos tecidos afectados pola episiotomía.
Pero así como nos afecta a unha gran porcentaxe de mulleres, ó mesmo tempo non falamos moito do tema ou damos por feito que isto ten que permanecer así.

Ademais dos coñecidos exercicios Kegel existen outras ferramentas coma os abdominais hipopresivos, as bolas chinas ou os conos vaxinais. Gustaríanos facer un taller de recuperación de solo pélvico nunha das reunións de BBTTA, interesaríavos?
Aquí quedan un vídeo de exercicios de fortalecemento e un enlace que pode axudarnos a entender mellor o que nos pasa.

Por certo, lembrade que podedes deixar comentarios de calquera das entradas. Ademais se queredes recibir no voso correo electrónico as publicacións só tedes que escribir a vosa dirección en “RECIBE AS PUBLICACIÓNS NO TEU MAIL”.





viernes, 2 de noviembre de 2012

MAMAR E COLEAR PARA MEDRAR

Hoxe queremos falar do que representa tomar teta para os nosos pequenos. Cando maman non só se están a alimentar, senón que tamén buscan o noso cariño e contacto físico, sentirse seguros, estar ó noso carón, consolarse dunha dor ou dunha pena, … milleiros de respostas ás súas necesidades que podemos suplir co sinxelo acto de ofrecerlles a teta no noso colo.
Neste vídeo da escritora e filósofa Elsa Punset explícase, entre outras cousas como a confianza e amor que debemos demostrar ós nosos fillos,  a necesidade do contacto físico e do colo (con todo o que estes levan consigo) para que o neno confíe no mundo e queira querer.