viernes, 26 de octubre de 2012

TETIÑA PRA BEBÉS ... E PRA NENOS TAMÉN

Na publicación desta semana queremos aproveitar para informarvos das novas webs de interese situadas na columna dereita da páxina, debaixo da subscrición por email. Ademais da web propia de BBTTA, aparecen agora os enlaces á información doutros grupos de lactación: os de Galicia, os do resto de España e os doutros países.

Tamén incluímos a páxina da Asociación Española de Pediatría, na sección de “Comité de Lactancia Materna”. Nesta aparece moi boa información sobre lactación materna e dela queremos destacar o vídeo de lactación prolongada que hoxe achegamos. Parécenos fundamental que a lactación en nenos maiores tamén sexa recoñecida como un feito importante e do que estar orgullosos.




viernes, 19 de octubre de 2012

NO SEXTO MES, TETA MÁIS QUE?

Ola outra vez!
Algo que todos nos preguntamos cando o noso bebé anda preto dos 6 meses ou cando temos que volver a traballar antes de que este chegue a esta idade, é como se alimentará a partir dese momento.
A alimentación complementaria é unha responsabilidade na nosa labor de educar e criar. Pero moitas veces, respecto a este tema,  atopámonos con diversas opinións ou contradicións no noso entorno.
Como exemplo do que representa o inicio da alimentación con sólidos na vida dos nosos fillos, deixamos este enlace a unha xenial charla acerca de alimentación complementaria do pediatra Carlos González, tamén autor do libro “Mi niño no me come”.


viernes, 12 de octubre de 2012

EN MONGOLIA A TETA MOLA

Mirade esta preciosa historia dunha muller canadense que viviu en Mongolia dende que o seu fillo tiña 4 meses ata que cumpriu 3 anos.
Alí atopouse cun enorme entusiasmo e desinhibición en todo o que rodea á lactación dos nenos. 
Lédeo, no ten desperdicio ningún. Ten que ser unha marabilla ser observada por orgullosos ollos, sen medo nin vergoña a atopar unha teta no campo de visión, non credes?

Aquí tedes o enlace, e o próximo mércores, na reunión semanal de BBTTA (de 17:00 a 19:00), se queredes podemos comentar que vos pareceu.

Amamantar en la tierra de Genghis Kahn



miércoles, 10 de octubre de 2012

MOI BONITA FESTA DA TETA

Amosámosvos unhas fotos da FESTA DA TETA do pasado sábado.
Foi moi divertido. Tivemos bola, torta, café e bebidas. E para animarnos, un pouco de música de gaitas, un pedazo hinchable para os nenos e unha obra de títeres.
Tamén vendimos camisetas de BBTTA e repartimos moitos globiños.











viernes, 5 de octubre de 2012

FESTA DA TETA!

Aquí vai o cartel de actividades da Semana Mundial de Aleitamento Materno.

Mañá, sábado 6 de outubro, FESTA DA TETA na praza da Gándara en Narón ás 17:00 h.
Con hinchables, gaitas e títeres!

Tamén haberá un stand informativo.

Alí estaremos agardándovos!


INAUGURACIÓN BLOG

Ola a todos!

Dende BBTTA inauguramos este blog para poder manter informadas a tódalas persoas interesadas na nosa asociación de apoio á lactación materna.

Neste espazo podedes contactar con nós (ver datos de contacto  na páxina) para resolver calquera dúbida ou problema relacionado coa lactación.

Ademais anunciaremos as actividades do grupo e publicaremos diferentes artigos e novas relacionados coa lactación materna.

Esperamos que vos guste!