sábado, 29 de diciembre de 2012

ATOPA A TÚA TRIBU

Nas reunións de BBTTA podedes atopar xente que lle acontece o mesmo ca vós, que vos escoita e á que podedes escoitar. BBTTA pode axudarnos a atopar unha tribu para criar ós nosos fillos.
Lembrade que estades invitadas a utilizar BBTTA como apoio para facilitar a crianza, converténdose en parte da vosa tribu.
No enlace de abaixo podedes ler o relato dunha nai acerca deste tema da ‘tribu’.
E a vós? Sonvos útiles esas tardes de reunións cas outras mamás?


martes, 18 de diciembre de 2012

O APALPADOR EN BBTTA. DÍA 26! (ano 2012)

Ola!
Temos confirmada a visita do Apalpador e @s trasn@s a BBTTA para o día 26 de decembro de 2012, coincidindo coa xuntanza semanal dos mércores de 17:00 a 19:00 en Domirón.
Agardámosvos!!

Para coñecer un pouco máis ó Apalpador podedes ver este enlace:



miércoles, 12 de diciembre de 2012

BBTTA NO FACEBOOK

Temos unha nova de redes sociais … xa temos páxina de facebook!! Chámase BBTTA e podedes acceder dende este enlace:


A través desta páxina publicaranse as entradas do blog e ademais daranse avisos relacionados con BBTTA (acerca de actividades, reunións, etc). En caso de problemas ou dúbidas na lactación poñédevos en contacto con nós a través do número de móbil  (680 113 845) ou no correo electrónico (bbttanaron@yahoo.es) que tamén aparecen na información de contacto do blog, para así poder ofrecervos un trato personalizado e privado.

Así que, xa sabedes, pulsade no botón “Me gusta” da páxina e chegaranvos as publicacións á vosa conta de facebook.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

VENCEREICHE SOLO PÉLVICO!

Nesta entrada queremos falar abertamente da situación do noso solo pélvico meses despois de dar a luz, xa que esta é unha das preocupacións que se perciben en moitas das nosas reunións.

Pasado o embarazo e o parto moitas mulleres quedamos afectadas negativamente na fortaleza do noso solo pélvico. Temos perdas de orina, conseguimos pouca contracción vaxinal, … por non falar da tensión dos tecidos afectados pola episiotomía.
Pero así como nos afecta a unha gran porcentaxe de mulleres, ó mesmo tempo non falamos moito do tema ou damos por feito que isto ten que permanecer así.

Ademais dos coñecidos exercicios Kegel existen outras ferramentas coma os abdominais hipopresivos, as bolas chinas ou os conos vaxinais. Gustaríanos facer un taller de recuperación de solo pélvico nunha das reunións de BBTTA, interesaríavos?
Aquí quedan un vídeo de exercicios de fortalecemento e un enlace que pode axudarnos a entender mellor o que nos pasa.

Por certo, lembrade que podedes deixar comentarios de calquera das entradas. Ademais se queredes recibir no voso correo electrónico as publicacións só tedes que escribir a vosa dirección en “RECIBE AS PUBLICACIÓNS NO TEU MAIL”.





viernes, 2 de noviembre de 2012

MAMAR E COLEAR PARA MEDRAR

Hoxe queremos falar do que representa tomar teta para os nosos pequenos. Cando maman non só se están a alimentar, senón que tamén buscan o noso cariño e contacto físico, sentirse seguros, estar ó noso carón, consolarse dunha dor ou dunha pena, … milleiros de respostas ás súas necesidades que podemos suplir co sinxelo acto de ofrecerlles a teta no noso colo.
Neste vídeo da escritora e filósofa Elsa Punset explícase, entre outras cousas como a confianza e amor que debemos demostrar ós nosos fillos,  a necesidade do contacto físico e do colo (con todo o que estes levan consigo) para que o neno confíe no mundo e queira querer.


viernes, 26 de octubre de 2012

TETIÑA PRA BEBÉS ... E PRA NENOS TAMÉN

Na publicación desta semana queremos aproveitar para informarvos das novas webs de interese situadas na columna dereita da páxina, debaixo da subscrición por email. Ademais da web propia de BBTTA, aparecen agora os enlaces á información doutros grupos de lactación: os de Galicia, os do resto de España e os doutros países.

Tamén incluímos a páxina da Asociación Española de Pediatría, na sección de “Comité de Lactancia Materna”. Nesta aparece moi boa información sobre lactación materna e dela queremos destacar o vídeo de lactación prolongada que hoxe achegamos. Parécenos fundamental que a lactación en nenos maiores tamén sexa recoñecida como un feito importante e do que estar orgullosos.




viernes, 19 de octubre de 2012

NO SEXTO MES, TETA MÁIS QUE?

Ola outra vez!
Algo que todos nos preguntamos cando o noso bebé anda preto dos 6 meses ou cando temos que volver a traballar antes de que este chegue a esta idade, é como se alimentará a partir dese momento.
A alimentación complementaria é unha responsabilidade na nosa labor de educar e criar. Pero moitas veces, respecto a este tema,  atopámonos con diversas opinións ou contradicións no noso entorno.
Como exemplo do que representa o inicio da alimentación con sólidos na vida dos nosos fillos, deixamos este enlace a unha xenial charla acerca de alimentación complementaria do pediatra Carlos González, tamén autor do libro “Mi niño no me come”.


viernes, 12 de octubre de 2012

EN MONGOLIA A TETA MOLA

Mirade esta preciosa historia dunha muller canadense que viviu en Mongolia dende que o seu fillo tiña 4 meses ata que cumpriu 3 anos.
Alí atopouse cun enorme entusiasmo e desinhibición en todo o que rodea á lactación dos nenos. 
Lédeo, no ten desperdicio ningún. Ten que ser unha marabilla ser observada por orgullosos ollos, sen medo nin vergoña a atopar unha teta no campo de visión, non credes?

Aquí tedes o enlace, e o próximo mércores, na reunión semanal de BBTTA (de 17:00 a 19:00), se queredes podemos comentar que vos pareceu.

Amamantar en la tierra de Genghis Kahn



miércoles, 10 de octubre de 2012

MOI BONITA FESTA DA TETA

Amosámosvos unhas fotos da FESTA DA TETA do pasado sábado.
Foi moi divertido. Tivemos bola, torta, café e bebidas. E para animarnos, un pouco de música de gaitas, un pedazo hinchable para os nenos e unha obra de títeres.
Tamén vendimos camisetas de BBTTA e repartimos moitos globiños.











viernes, 5 de octubre de 2012

FESTA DA TETA!

Aquí vai o cartel de actividades da Semana Mundial de Aleitamento Materno.

Mañá, sábado 6 de outubro, FESTA DA TETA na praza da Gándara en Narón ás 17:00 h.
Con hinchables, gaitas e títeres!

Tamén haberá un stand informativo.

Alí estaremos agardándovos!


INAUGURACIÓN BLOG

Ola a todos!

Dende BBTTA inauguramos este blog para poder manter informadas a tódalas persoas interesadas na nosa asociación de apoio á lactación materna.

Neste espazo podedes contactar con nós (ver datos de contacto  na páxina) para resolver calquera dúbida ou problema relacionado coa lactación.

Ademais anunciaremos as actividades do grupo e publicaremos diferentes artigos e novas relacionados coa lactación materna.

Esperamos que vos guste!